Saltar ao contido

Rondae Hollis-Jefferson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRondae Hollis-Jefferson

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Chester, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Xordania Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónChester High School (en) Traducir
Universidade de Arizona Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaXordania Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Número deportivo24 Editar o valor en Wikidata
Convocado porPortland Trail Blazers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Brooklyn Nets
2013-2015 Arizona Wildcats men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRahlir Hollis-Jefferson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Twitter: IAmCHAP24 Editar o valor en Wikidata

Rondae Jaquan Hollis-Jefferson, nado o 3 de xaneiro de 1995 en Chester, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Beşiktaş Icrypex turco. Foi elixido na vixésimo terceira posición do Draft da NBA do 2015 polos Portland Trail Blazers procedente da Universidade de Arizona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Hollis-Jefferson xogou dúas tempadas de baloncesto universitario cos Wildcats da Universidade de Arizona. O 7 de abril de 2015, declarouse elixíbel para o Draft da NBA, renunciando aos seus dous últimos anos universitarios.[1]

Profesional

[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2015, foi seleccionado na posición número 23 do Draft polos Portland Trail Blazers, con todo, os seus dereitos foron traspasados xunto con Steve Blake aos Brooklyn Nets a cambio de Mason Plumlee e os dereitos da selección número 41 do mesmo draft, Pat Connaughton.[2]

O 7 de xullo de 2019, Hollis-Jefferson asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.[3]

O 3 de decembro de 2020, Hollis-Jefferson asinou cos Minnesota Timberwolves.[4] Foi cortado polos Timberwolves pouco despois sen chegar a debutar.[5]

O 8 de abril de 2021, Hollis-Jefferson asinou un contrato de dez días cos Portland Trail Blazers.[6] O 18 de abril de 2021, asinou un segundo contrato de dez días,[7] e dez días máis tarde, asinou cos Trail Blazers para o resto da tempada.[8]

O 28 de setembro de 2021, Hollis-Jefferson asinou co Beşiktaş JK da Basketbol Süper Ligi turca.[9]

  1. Rivera, Steve (7 de abril de 2015). "Hollis-Jefferson leaving Arizona, declares for NBA Draft". Fox Sports (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  2. "Nets Acquire Rondae Hollis-Jefferson and Steve Blake". NBA.com/Nets (en inglés). 26 de xuño de 2015. Consultado o 5 de novembro de 2015. 
  3. "Raptors Sign Rondae Hollis-Jefferson". NBA.com. 18 de xullo de 2019. 
  4. "Timberwolves sign Rondae Hollis-Jefferson". NBA.com. 3 de decembro de 2020. 
  5. "Timberwolves waive four players". NBA.com. 19 de decembro de 2020. Consultado o 8 de abril de 2021. 
  6. "Trail Blazers sign Rondae Hollis-Jefferson to 10-day contract". NBA.com. 8 de abril de 2021. Consultado o 8 de abril de 2021. 
  7. "Trail Blazers sign Rondae Hollis-Jefferson to second 10-day contract". NBA.com. 18 de abril de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  8. "Trail Blazers sign Rondae Hollis-Jefferson for remainder of 2020-21 season". NBA.com. 28 de abril de 2021. Consultado o 28 de abril de 2021. 
  9. "Beşiktaş Icrypex strengthen roster with American power forward". BJK.com.tr. 28 de setembro de 2021. Consultado o 3 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]